CRTVG

Buscar

Barcelona quere competir con Vigo como referente do Nadal

Publicado o 06/05/2021 16:32

Hai tan só catro meses Vigo despedía o Nadal da pandemia pensando xa nas festas deste ano.

Hai poucos días o Concello vigués adiantaba o deseño do seu Nadal 2021. Porén acaba de atopar un serio competidor, un Nadal con 'Marca Barcelona', unha cidade que xa presentou a súa iluminación.

Os vigueses pensan que é loxico que Barcelona queira aproveitar este reclamo, pero, á espera de saber o que pensa o seu alcalde, eles téñeno claro.

Se a situación sanitaria o permite, veremos se este ano, o de Vigo pode demostrar que segue a ser o mellor Nadal do mundo.