Barcelona lembra as vítimas dos atentados de hai tres anos en Cataluña
Publicado o 17/08/2020 13:49
Barcelona acolleu o acto de lembranza das vítimas dos atentados xihadistas de hai tres anos en Cataluña. Familiares, achegados e representantes dos gobernos central, autonómico e local participaron nesta cerimonia.
Gardaron silencio mentres unha moza interpretaba unha peza musical co violonchelo. Despois, depositaron flores nos testos instalados a modo de altar. Durante o acto, un grupo de participantes reclamou saber toda a verdade sobre este caso para que non se repita.