Baralla ten a incidencia acumulada máis alta de Galicia
Publicado o 02/09/2021 14:37
Este pequeno concello lugués de Baralla está á cabeza de Galicia en incidencia acumulada. Sitúase en 2.135 casos por cada 100.000 habitantes e canda as cifras medra tamén a preocupación.
Nos últimos 14 días rexistráronse na vila 53 positivos.
O sábado pasarán ao nivel medio, e todos coinciden nas ganas de volver á normalidade. A maior parte dos contaxios concéntranse nesta residencia de maiores; suma doce novos positivos entre os seus usuarios, que ascenden xa a 23 afectados.
Esta residencia e a luguesa das Gándaras concentran o 80 % dos contaxios rexistrados nas residencias de maiores galegas.