CRTVG

Buscar

Baños de Molgas estrea unha ruta polos canóns do río Arnoia guiada cunha aplicación móbil

Publicado o 29/03/2021 21:31

Así comeza o percorrido polos canóns do río Arnoia coa audioguía da aplicación móbil Visita Molgas, unha iniciativa pioneira en Galicia.

Xeolocalizados no móbil, está conectada con todas as aldeas, o Concello recuperou os antigos camiños, abandonados desde hai tres décadas, que empregaban os veciños para facer a moenda nos muíños.

Unha proposta para estes días festivos, para que veciños e visitantes se animen a descubrir a paisaxe de Baños de Molgas.

Noticias web

29/03/2021