A súbita morte de Valeriano Martínez leva o loito á vida política galega
• Na Administración autonómica as bandeiras penden a media hasta
• Alfonso Rueda asume temporalmente as competencias de Facenda
• María Jesús Montero súmase ás condolencias
A Xunta de Galicia suspende, por segundo día, toda a actividade prevista, en sinal de dó polo falecemento do conselleiro de Facenda.
O Goberno galego enviou as condolencias á familia e amigos de Valeriano Martínez, ao que lembraron como un traballador público "que sempre estivo ao servizo do pobo de Galicia".
No edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, as bandeiras penden a media hasta. Esta mañá reuniuse o Consello da Xunta para decretar loito oficial. Será ata o sábado, para "manifestar o sentimento do pobo galego" por esta morte, segundo sinala o decreto aprobado este xoves.
Un loito polo que o Executivo autonómico quere "facer pública a dor dos seus membros e de toda a cidadanía".
Galicia decreta tres días de loito oficial polo falecemento do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez
— Xunta de Galicia (@Xunta) October 7, 2021
ℹ️ https://t.co/sPaDVRl71a pic.twitter.com/aVQkLL9igc
Este mediodía, ás portas desa sede da Xunta en San Caetano, gardouse un minuto de silencio no seu recordo no que participaron todos os conselleiros e o presidente do executivo galego.
FALECEMENTO DE VALERIANO MARTÍNEZ I
— G24 (@G24Noticias) October 7, 2021
Ás portas do edificio administrativo de San Caetano, en Santiago, os membros da Xunta, encabezados polo presidente Núñez Feijóo, gardaron este mediodía un momento de silencio na súa memoria.https://t.co/WlrKQKpscj pic.twitter.com/Z6erubxPXa
A Xunta informou que o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asumirá temporalmente as competencias de Facenda.