CRTVG

Buscar

Banco de viñedos en liña para favorecer a mobilidade de terras no Ribeiro

Publicado o 09/09/2021 21:05

É moi doado. Se vostede quere mercar ou alugar un viñedo no Ribeiro só ten que entrar na páxina web, buscar entre os que estean dispoñibles e mirar ben as características que máis lle conveñan.

Os interesados en vender parcelas para a produción de viño só teñen que poñerse en contacto co Consello Regulador para publicar a súa oferta. As transaccións que se fagan terán que ser entre particulares. Dende a denominación de orixe do Ribeiro o que fan, din, é desenvolver unha nova ferramenta que xera oportunidades.

No consello regulador din que este banco de parcelas en liña pode ademais fomentar que novos mozos se incorporen ao mundo do viño e evitar a perda de dereitos de plantación.
 

Noticias web

09/09/2021