Baltar abre a porta a pactos na Deputación con Democarcia Ourensana e Ciudadanos
Publicado o 09/06/2019 14:12
Contactos tamén en Galicia, Manuel Baltar agarda convocar o pleno de constitución da Deputación de Ourense a finais de mes. Nunha entrevista no xornal La Región, o líder do PP ourensán apela á súa lexitimidade para formar goberno "con máis votos que o PSOE e o BNG xuntos".
Un escenario en que non descarta pactar con Democracia Ourensana, formación coa que di que afronta as conversas "sen insultos nin vetos". Afirma que a porta tamén está aberta para Ciudadanos. Apela a facer política con "amplitude de miras" porque, di, "se quedas no veto podes quedar só e sen poder".
E insiste en que en ningún caso, dará un paso ao lado. Se as cousas non saen como agarda, asegura que será "un xefe da oposición contundente".