CRTVG

Buscar

Ábalos: "Sen consenso non haberá peaxes en autovías e estradas"

Publicado o 12/05/2021 11:25

O ministro de Transportes reiterou no Congreso que sen consenso non haberá peaxes nas autovías nin nas estradas. Dixo que a medida só se aplicará co acordo de todos os grupos. Ábalos respondía así unha pregunta do PP. 

Insistiu en que, coa inclusión desta proposta no Plan de Recuperación que enviou a Bruxelas, o Goberno só pretende "abrir unha reflexión e convidar ao debate", e apuntou que, se non é posible debater, o Executivo "toma nota tamén".

Na súa intervención, o ministro aludiu aos estudos que pediu o Goberno do PP á empresa estatal INECO sobre o pagamento por uso nas estradas. "No meu caso, non hai informes; vostedes estaban moito máis avanzados", díxolle o ministro ao deputado do PP Andrés Lorite, que acusou a Ábalos de "enganar e confundir os cidadáns". 

Lorite mativo que  que a imposición de peaxes é unha "medida moi daniña para a sociedade, que restará competitividade e afectará á recuperación económica". Ademais subliñou que o Goberno de Mariano Rajoy non a puxo en marcha e Pedro Sánchez levou esta medida ao Consello de Ministros.



Noticias web

12/05/2021