CRTVG

Buscar

Ábalos di que foi Marlaska quen lle pediu que Delcy Rodríguez non baixase do avión

Publicado o 25/01/2020 17:56

Esa visita de Guaidó prodúcese em plena polémica política pola xuntanza que hai uns días mantivo o ministro de Transportes, Jose Luis Ábalos, coa numero dous de Maduro, Delcy Rodriguez, no seu avión privado nunha escala en Madrid. Ábalos estivo hoxe en Galicia, pero non quixo facer declaracións sobre este asunto. Nunha entrevista en La Razon, asegura que ese encontro produciuse para evitar que entrase en España e, segundo publican hoxe algúns medios, o ministro de Transportes seguiu indicacións do ministro de Interior, Fernando Grande Marlaska.

Tras a xuntanza no avión, a mininistra venezolana entrou a unha sala VIP do aeroporto sen selar o pasaporte. A normativa comunitaria indica que España debeu impedir esta escala porque Rodríguez non podería facer escala, nin tan sequera sobrevoar o espazo aéreo europeo.
 

Noticias web

25/01/2020