CRTVG

Buscar

Ábalos asegura que pagou do seu peto a viaxe familiar ás Canarias

Publicado o 26/11/2020 09:08

E nas últimas horas, polémica tamén por unha visita do ministro Jose Luis  Ábalos ás Canarias. Transcendeu que se aloxou coa familia nun hotel de cinco estrelas, como colofón dunha viaxe oficial para interesarse pola crise migratoria. Ábalos di que o fixo para conciliar e asegura que pagou todo do seu peto: "Todo está pagado por min, todo. Porque como xa sei de que vai isto... Pois ata o transporte do veículo que aluguei para que non fose ningún coche oficial tamén o paguei eu. Por suposto, os avións e os hoteis. Deixen a familia fóra".

Noticias web

26/11/2020