Ábalos asegura que non tratou ningún asunto durante o seu encontro coa vicepresidenta de Venezuela
Publicado o 27/01/2020 14:48
Segue a controversia ao redor do encontro que o ministro de Transportes mantivo coa vicepresidenta de Venezuela. Nas últimas horas, José Luis Ábalos deu máis detalles: di que estiveron xuntos 25 minutos pero que non trataron ningún asunto nese tempo.
Ábalos insiste en que a número dous de Maduro non pisou en ningún momento territorio español, durante a súa escala no aeroporto de Baraxas. As explicacións do ministro convencen o Goberno. E tamén a cúpula do PSOE, que hoxe lle amosaba o seu apoio.
As explicacións de Ábalos non convencen a oposición. Ciudadanos e PP piden que se abra unha comisión de investigación sobre este asunto.