CRTVG

Buscar

Ábalos asegura que está aberto o diálogo como solución para Cataluña

Publicado o 15/12/2019 21:03

O secretario de organización do PSOE, José Luis Ábalos, asegurou que agora está aberta a oportunidade do diálogo como solución para o conflito de Cataluña. Díxoo no congreso dos socialistas cataláns en que o seu líder, Miquel Iceta, cualificou como fracaso a deriva seguida polos independentistas desde 2012.

O congreso do PSC apoiou por amplísima maioría a liña do seu reelixido líder, Miquel Iceta, en favor do federalismo como solución para Cataluña nunha España plurinacional. Iceta asegurou que a única vía é a do acordo, tras dar por fracasada a aposta dos nacionalistas pola secesión. Dixo Iceta:

 "A deriva independentista dividiu a sociedade, fracasou nos seus obxectivos e prexudicou os intereses do país e da súa xente". Dixo Ábalos:

 Fronte ás críticas de baróns socialista como García Page ou Lambán, o PSC volveu recibir o apoio da dirección estatal do PSOE. Segundo Ábalos, o mandato das urnas foi o de entenderse coa esquerda e, ademais, as dereitas non deixan outra opción. O número dous socialista anima a ver isto como unha oportu"É unha oportunidade para esa tese, porque se neste momento non se aproveita esa oportunidade, a tese do diálogo tamén quebrará, porque dalgún xeito se demostrará que non hai posibilidades tampouco para o diálogo".

Desde Esquerra, Aragonès sinalou en La Vanguardia que o diálogo ten que incluír solucións para os presos do procés. Dixo Aragonès:

"Activar a vía política quere dicir desactivar as outras vías tamén, entre elas a penal e a xudicial. Queda moito camiño por percorrer. Temos xente no cárcere, xente no exilio".

Iceta aproveitou o seu éxito no congreso do PSC para anunciar que se postulará para intentar repetir como candidato do seu partido á presidencia da Generalitat.

Noticias web

15/12/2019