CRTVG

Buscar

Ábalos admite a inminencia do pacto con ERC e un pleno de investidura a semana que vén

Publicado o 18/12/2019 10:17
Ábalos admite a inminencia do pacto con ERC e un pleno de investidura a semana que vén

Queda un intercambio de papeis, para concluír o acordo final entre PSOE e Esquerra Republicana de Catalunya. O secretario de Organización do PSOE non descarta que o pleno da investidura poida fixarse para a semana que vén, suponse que depois do Nadal.

Segundo afirmou José Luís Ábalos, nunha entrevista en RTVE, só quedarían uns flocos: mirar como se concreta por escrito un acordo que será público, coñecido e transparente. Engadiu Ábalos que o pacto se sustenta na vontade de de ERC de abandonar a vía unilateral e na vontade do futuro goberno de buscar unha solución democrática ao conflito político.

O dirixente socialista non fixou data para que Sánchez sexa investido, pero insistiu en que "hai interese" de "pechar o ano cun goberno, pero máis aló diso (...) realmente, non hai nada".

"Creo que estamos máis preto. É posible e desexable, pero non depende de nós", recalcou o tamén ministro de Fomento en funcións, que non cre que o congreso de ERC desta fin de semana sexa "determinante" nese sentido.

Respecto a a negociación en si, subliñou que "non hai marxe para a opacidade" e que "todo canto se produciu comunicouse".

"Non hai máis", asegurou e, ao ser preguntado sobre se ERC renunciou á vía unilateral, respondeu: "Si, si, entendo que si".

Ábalos explicou que non se trata de "ceder", senón de iniciar un proceso de diálogo político que permita que "o conflito con Cataluña teña unha vía de expresión democrática que, ademais, non contemple ou afaste calquera decisión unilateral". 

 

Noticias web

18/12/2019