Fin de semana negra nas estradas españolas, con trece persoas falecidas e dezaseis feridas graves
Publicado o 03/06/2019 08:22
• Morre un conductor kamikaze na A-6 e provoca catro feridos dunha mesma familia
• A DXT rexistra un incremento dos accidentes provocados por condutores kamikazes
Fin de semana negra nas estradas, con trece falecidos e dezaseis feridos graves en toda España. O máis impactante, o do futbolista Reyes, pero tamén este aquí en Galicia. Provocouno a propia vítima, un condutor de 66 anos que circulou catro quilómetros en dirección contraria, e sen cinto, pola A-6, ata bater de fronte cun matrimonio que viaxaba cos seus dous xemelgos de catro anos. Mal comezo de xuño, despois dun maio moi negro que confirma o repunte de vítimas, que comezou a finais do ano pasado e que segue aumentando, con 43 mortos neste primeiros cinco meses.