CRTVG

Buscar

Baixan os contaxios polo coronavirus en case toda España

Publicado o 15/08/2021 14:23

Baixan os contaxios polo covid na maior parte das comunidades autónomas. No conxunto de España rexístranse nestes momentos quince mil novos contaxios diarios, que son menos da metade dos comunicados no momento máis duro, vivido o pasado mes de xaneiro.

Entre as comunidades que publican datos na fin de semana está Cataluña, onde sube o número de ingresos por covid, ó tempo que baixa a presión nas UCIS. Amais da catalana, Asturias é das comunidades onde máis baixan os novos contaxios, xunto con Navarra e Madrid. Desde o comezo da pandemia, en España rexistráronse máis de catro millóns seiscentos mil contaxios.

Noticias web

15/08/2021