CRTVG

Buscar

Baixan os contaxios nos colexios, con algo máis de 3.600 casos positivos

Publicado o 06/02/2021 15:40

Por cuarto día consecutivo, baixan os contaxios nos centros educativos. Segundo os datos facilitados polo Sergas, hai 3.609 casos positivos en toda Galicia, 102 menos que o venres. Permancen pechadas tres escolas infantis en Fene, Vivero e Vigo e un centro de educación especial en Ourenese. 179 aulas están cerradas, son dúas menos que na xornada de onte.

Román Rodríguez, conselleiro de Educación, di que "dá a sensación que se está reducindo de forma sostida porque nos últimos catro foron baixando casos".

E é que hai xusto unha semana había 343 casos máis, polo que parece que as aulas puideron pasar xa o punto máis alto desta terceira vaga. Por áreas sanitarias, os colexios da Coruña, con 955 positivos, son os que rexistran máis contaxios. Porén, é a de Vigo a que ten máis aulas pechadas.

Román Rodríguez, conselleiro de Educación apunta: "Nos coles non hai trasmisión na inmensa maioría pero si hai unha situación da correlación xenérica do territorio".

Para atallar os contaxios, nalgúns centros as familias solicitan cribados especificos para a comunidade escolar, como é o caso do colexio do Monte do Postes en Santiago.

"E unha decisión sanitaria, que os sanitarios adoptan en función duns casos concretos en cada caso" "Cantos máis se fagan mellor, non?".

Noticias web

06/02/2021