CRTVG

Buscar

Baixan os contaxios e a incidencia queda por baixo dos 250 na área de Pontevedra

Publicado o 15/02/2021 16:40

Na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés seguen descendendo o número de casos activos e de positivos diarios. Unha mellora que non alivia a presión dos hospitais onde aumentaron os ingresos.

Hoxe na área de Pontevedra hai 1.725 casos activos, 62 menos ca onte. Unha boa nova que contrasta co número de hospitalizados que sobe ata os 105 pacientes, 3 máis en planta nos hospitais da área e 1 máis na unidade de críticos de Montecelo que ten 22 pacientes de UCI. 

Canto ás incidencias, continúan baixando pero seguen sendo moi altas, por riba dos 500 casos, en concellos como Forcarei, Poio ou Sanxenxo.

Os únicos 3 municipios da área sanitaria que están por baixo do risco extremo dos 250 casos por 100.000 habitantes son Bueu, Campo Lameiro e a Illa de Arousa.

Noticias web

15/02/2021