CRTVG

Buscar

Baixan os casos de covid-19 nos colexios e abren doce aulas que estaban pechadas

Publicado o 07/10/2020 14:48
Baixan os casos de covid-19 nos colexios e abren doce aulas que estaban pechadas

Primeira xornada de baixada de casos activos de coronavirus dende o inicio do curso relacionados cos centros educativos: descenden en seis. Con todo, os casos mantéñense por riba dos 400, concretamente, en 419.

No que respecta ás aulas, permanecen pechadas 10 das 22 que había onte. Abríronse doce en total, nove en Vigo e tres en Pontevedra.

Preme aquí para consultar os centros con casos activos.