Baixan os casos activos de coronavirus en Galicia, en todas as áreas sanitarias menos en Santiago
O número de casos activos por coronavirus en Galicia é de 2.703 persoas, deles 635 na área da Coruña, 161 na de Lugo, 407 en Ourense, 142 da de Pontevedra, 725 da de Vigo, 525 en Santiago e 108 da de Ferrol.
Dos doentes positivos, 25 permanecen en UCI, 180 en unidades de hospitalización e case 2.500 en seguimento domiciliario.
Xa recibiron a alta desde o comezo da pandemia 7.347 persoas. As 122 altas contabilizadas nas últimas horas superan o número de novos contaxios detectados, 55. Desde o comezo da pandemia son 593 falecementos en Galicia pola COVID-19, o último o dunha muller de 87 anos ingresada no Hospital Universitario de Ourense e que tiña patoloxías previas. Do total de decesos, 132 morreron en residencias de maiores e outros 137 en hospitais ou residencias integradas. Galicia xa realizou 114.436 probas de PCR para detectar casos de coronavirus.