CRTVG

Buscar

A semana comeza sen mortes por covid−19 en Galicia, pero crecen as hospitalizacións

Publicado o 10/05/2021 09:34

• Os casos descenden nas áreas de Vigo (-32) e Pontevedra (-6)

• A taxa de positividade cae de novo e sitúase no 1,59 %

A semana comeza sen mortes por covid−19 en Galicia, pero crecen as hospitalizacións

Mantense certa estabilidade respecto a onte, cun leve descenso dos novos positivos detectados, aínda que cunha pequena repunta nos ingresos hospitalarios. Hoxe o Sergas informa de que en Galicia hai 2.984 persoas diagnosticadas de covid−19, tres menos ca onte, tras 152 novos positivos, dos cales 146 foron detectadadas mediante dunha proba PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos quedaría así:

A Coruña: 709 (+23)

Vigo: 825 (-32)

Ourense: 253 (=)

Santiago: 406 (+6)

Lugo: 222 (+1)

Pontevedra: 482 (-6)

Ferrol: 87 (+5)

Luns sen falecidos

O Sergas non notificou ningún falecemento na xornada de hoxe. Polo tanto, a cifra total de vítimas mortais por mor da covid−19 mantense en 2.394 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Lixeiro aumento dos ingresos

No tocante á situación hospitalaria, a presión asistencial medra lixeiramente. Hai en total 209 persoas ingresadas (+7): 163 en planta (+5) e 46 nas UCI (+2). Son cifras semellantes ás rexistradas hai unha semana, malia que estes últimos días se conseguira unha paulatina redución das hospitalizacións.

Onte o Sergas non notificou ningún pasamento por mor da covid-19, e así mantense a cifra global de vítimas da pandemia no país en 2.394.

A positividade volve descender

Das 9.198 probas PCR realizadas (-101) deron positivo 146. Iso supón unha taxa de positividade do 1,59 %, menor ao 5 % situado pola OMS como limiar máximo para dar por controlada a pandemia.

Mapas de incidencia por concellos