CRTVG

Buscar

Unha nova morte nunha xornada de lixeiro descenso dos casos activos en Galicia

Publicado o 25/09/2020 19:50

• A área de Lugo, á cabeza no número de falecidos durante esta segunda vaga

• Rexístranse 221 novos contaxios, mentres que os casos activos diminúen en 9

Unha nova morte nunha xornada de lixeiro descenso dos casos activos en Galicia

O Sergas comunicou esta tarde que nas última horas faleceu unha persoa que fora diagnosticada por coronavirus. Trátase dun home de 65 anos ingresado no HULA e que tiña patoloxías previas. Non estaba vinculado con ningún centro de maiores.

Polo tanto, ascende a 727 o total de falecidos pola covid-19 en Galicia, 108 nesta segunda vaga.

Destes 108, 57 falecidos corresponden á área de Lugo; máis do dobre do que leva A Coruña (28) nesta segunda vaga.

Por outra banda, Galicia rexistra este venres 4.452 casos activos, segundo a última actualización dos datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Isto supón 9 casos activos menos ca onte.

Por outra banda, hai 221 novos contaxios.

Nas últimas horas non se rexistra ningunha morte por coronavirus en Galicia, polo que se mantén en 726  a cifra total.

O reparto dos casos activos por áreas sanitarias é o seguinte:

• 1.109 (-4) na Coruña

• 630 (-10) en Lugo

• 668 (+9) en Ourense

• 784 (+24) en Pontevedra

• 511 (+9) en Vigo

• 578 (-30) en Santiago

• 172 (-7) en Ferrol

No tocante ás hospitalizacións, hai 32 persoas na UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.210 en seguimento domiciliario. En total, curáronse 17.802 persoas e realizáronse 452.649 probas PCR.