CRTVG

Buscar

Baixan lixeiramente os casos activos e mantense a presión asistencial

Publicado o 18/06/2021 11:27

• A área da Coruña continúa en ascenso: subiu 70 casos nunha semana

• A positividade tamén diminúe un pouco: 2,72 %

Baixan lixeiramente os casos activos e mantense a presión asistencial

Galicia volve reducir o seu número de casos, unha tendencia sostida que se interrompeu onte por un lixeiro aumento. Hoxe hai, segundo os últimos datos do Sergas, 1.344 persoas con covid-19, once menos ca onte, tras 87 novos positivos.

Por áreas sanitarias, a repartición sería a seguinte:

A Coruña: 431 (+21)

Ferrol: 96 (=)

Lugo: 175 (-2)

Ourense: 155 (+1)

Pontevedra: 117 (-10)

Santiago: 126 (-1)

Vigo: 244 (-20)

Estabilidade nos hospitais

Nos hospitais a situación é exactamente a mesma ca onte: 45 persoas en planta e 16 nas UCI.

Por desgraza, hai que lamentar o pasamento dunha muller de 96 anos, a primeira falecida en cinco días por covid-19 en Galicia. Así, a cifra de vítimas no que vai de pandemia ascende a 2.431.

Menos positividade

Das 3.118 probas PCR realiadas onte, deron positivo 85, o que baixa a positividade -onte estaba en 2,96 %- a 2,72 %. 

Mapas de incidencia por concellos