CRTVG

Buscar

Baixan de novo os casos activos e as hospitalizacións en Galicia

Publicado o 14/05/2021 10:10

• É a menor cifra total de ingresados dende o 17 de abril

• Só soben os casos activos na área sanitaria de Santiago (+17)

Baixan de novo os casos activos e as hospitalizacións en Galicia

Galicia mellora outra xornada máis os datos relacionados coa pandemia.

Hai 2.933 perosas con covid-19, 21 menos ca onte, tras 159 novos positivos (+14), dos cales 133 foron detectados con PCR.

 

Por áreas sanitarias, a repartición dos casos quedaría así:

A Coruña: 652 (-18)

Vigo: 859 (=)

Ourense: 222 (-3)

Santiago: 440 (+17)

Lugo: 196 (-8)

Pontevedra: 470 (-4)

Ferrol: 94 (-5)

Menos presión asistencial

Tamén mellora a situación no respectivo ás hospitalizacións. Das 184 persoas ingresadas, 146 permanecen en planta (-2) e 38 nas UCI (-2). Son as mellores cifras dende mediados e finais de abril.

Galicia rexistrou onte dous novos falecidos por mor da covid-19, o que eleva a cifra global de vítimas desta pandemia no país a 2.399 persoas.

Soben os positivos

O dato que si aumenta é o do número de positivos detectados: onte foron 145 e hoxe, 159. Das 6.275 probas PCR realizadas (-589), deron positivo 133 delas, o que deixa unha taxa de positividade do 2,12 %, aínda lonxe do limiar máximo recomendado pola OMS do 5 %.

Mapas de incidencia por concellos