Baixan ao 28 % os que din non a vacinarse de inmediato en España

Redúcese o número de españois que di non a vacinarse de xeito inmediato en canto se teña a vacina ata un 28 %. Así o recolle o barómetro do CIS (realizado entre o 1 e o 9 deste mes), que o mes pasado rexistraba un 47 % de persoas en contra da vacinación inmediata.
Na outra banda, no lado do si, o 40,5 por cento dos españois estaría disposto a vacinarse inmediatamente. O 16,2 % responde afirmativamente "se está probada e é fiable", consideración que aumenta notablemente respecto aos meses anteriores.
Caen as dúbidas e o escepticismo, en constante ascenso dende setembro: do 13,4 % o mes pasado ao 5,3 %. Sinálao o último barómetro do CIS, publicado este luns, que conclúe tamén que se a vacina ten garantías, está probada e é fiable, un 16,2 % dos cidadáns di que se vacinaría.