Baixa participación nos cribados do Morrazo e alto número de contaxios
Publicado o 30/03/2021 13:35
Dos 3.000 moañeses citados no último cribado, uns 1.200 fixeron a proba. O municipio suma dezasete positivos nunha semana e vinte e seis en catorce días.
Máis preocupante é a situación en Cangas, onde a incidencia supera os 150 casos en catorce días. Aos tests masivos só se presentou o 36 % dos convocados.
A evolución da área sanitaria de Vigo é a peor de Galicia. Os casos diagnosticados ascenden a 589 aínda que baixa a presión hospitalaria, con 4 ingresos en críticos e 41 en planta.