CRTVG

Buscar

Baixa participación no cribado de mocidade de Pontevedra, Marín e Poio

Publicado o 11/07/2021 15:05

E novo cribado en Pontevedra. Alí continúa a busca de mozos asintomáticos. Están chamadas mais de 3.000 persoas de entre 18 e 35 anos. Polo momento as cifras de asistencia están a ser baixas.

"Veño por seguridade, aínda que non estiven cerca de contaxiados, por estar segura"
"Estamos en pandemia, non custa nada vir aqui e asegurarte de que eres negativo"

Mencía e Alvaro téñeno claro, pero son minoría os mozos que están a acudir ao cribado masivo que se está a realizar entre mais de 3000 mozos de Pontevedra, Poio e Marín.

" A asistencia é baixa, esta mañá temos 200 citados e polo momento só apareceron 35 ou 40"
" Eu tiña turno de tarde e non podía vir, ao final decidin vir agora e non fixen cola, non había ninguén para facerse a proba"

Toca facer proba de antíxenos entre as 400 persoas convocadas. En menos dun minuto obteñen a mostra, en 15 minutos está o resultado e en 24 horas recíbeno no telefono móbil. Ao longo da mañá apareceu un positivo, unha clara proba de que non se debe baixar a garda, mesmo cando non hai síntomas.

"Isto non rematou, non podemos relaxarnos. Aínda que haxa moita xente coa vacina é importante facer probas PCR ou antíxenos para saír máis tranquilos á rúa"

O cribado continúa o luns nesta caseta do hospital provincial de Pontevedra desde a que piden participación e responsabilidade nunha loita que é a de todos.

 

Noticias web

11/07/2021