Baixa o prezo dos carburantes por primeira vez no que vai de ano
Publicado o 16/05/2019 20:00
O prezo da gasolina rexistra esta semana a primeira baixada no que vai de ano e abarátase un 0,22 por cento. Corta, deste xeito, cunha serie de ata 16 subas consecutivas. O prezo medio do litro está no euro con 35 céntimos, lonxe dos máximos que se rexistraron en 2014. Tamén se abaratou esta semana o prezo do gasóleo, que levaba catro subas consecutivas. Esta semana, segundo o Boletín Europeo Petroleiro da Unión Europea, baixou ata o euro con 25 céntimos.