CRTVG

Buscar

Baixa o prezo da luz en abril e xa van tres meses de descenso

Publicado o 30/04/2020 21:18

A caída dos prezos fixo que tamén se abaratara a factura da luz.

O recibo medio de electricidade abaratouse un 23,4% neste mes de abril con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Este é o terceiro mes consecutivo no que vai de 2020 que o recibo da luz rexistra un descenso, tras as caídas do 6,3% de marzo e do 4,6% en febreiro. Non obstante, debido á situación excepcional pola crise sanitaria , este abaratamento no recibo da luz para o consumidor pode non ser así, xa que se está producindo un incremento notable do consumo eléctrico no fogar por mor do confinamento. Con todo, este abaratamento no prezo grosista da electricidade está a representar un importante alivio, xa que ese maior consumo é a un prezo máis baixo.  

Noticias web

30/04/2020