Baixa o IPC e sitúase no 2,6 % no mes de xuño
Publicado o 29/06/2021 09:12

O Índice de Prezos ao Consumo subiu un 0,4 % en xuño en relación ao mes anterior e sitúa a súa taxa interanual no 2,6 %, unha décima menos que no mes de maio. Son os datos que avanzou este martes o Instituto Nacional de Estatística.
Esta moderación está relacionada coa evolución dos prezos dos carburantes e combustibles, que soben menos do que o facían hai un año. Neste avance de datos, o INE non inclúe os alimentos nin os produtos enerxéticos por seren os máis volátiles.