CRTVG

Buscar

Descenden ata 143 os falecidos no día en España, a cifra máis baixa desde o 18 de marzo

Publicado o 10/05/2020 15:00

O número de falecidos en España pola COVID-19 nas últimas 24 horas foi de 143 persoas, unha cifra tráxica pero a máis baixa desde o 18 de marzo. O número total de mortos en España é de 26.621 persoas.

Os casos confirmados de coronavirus con PCR son 224.390 con 621 casos novos nas últimas horas. Supoñen un incremento do 0,28%. Os profesionais sanitarios con positivo confirmados polo Centro de Emerxencias son 48.046, o 21,4% dos contaxiados. As infeccións superadas son xa 136.166, con 2.214  altas hospitalarias nas últimas 24 horas.