CRTVG

Buscar

Baixa a porcentaxe de españois dispostos a vacinarse contra a covid

Publicado o 16/03/2021 19:58

Segundo o último barómetro do CIS, un 82,5 por cento dos españois está disposto a vacinarse cando lle chegue a súa quenda.

A cifra é alta, pero descendeu no último mes con respecto a febreiro. A caída é de catro décimas, e coincide no tempo coas primeiras noticias dos problemas detectados coa de AstraZeneca.

Os que responden que non queren vacinarse alegan, en primeiro lugar, que non se fían das vacinas, e, en segundo, que temen efectos adversos.




 

Noticias web

16/03/2021