CRTVG

Buscar

Baixa a idade dos pacientes ingresados con covid nas UCI

Publicado o 21/01/2021 14:38

As UCI seguen aumentando pacientes. Asegura Jorge Nieto Médico da UCI que "nunha semana ou duas empezaremos a estar mais colapsados do que estamos ata agora".

E non só hai pacientes maiores, cada vez máis entran pola porta da UCI persoas máis novas e sen patoloxías previas.

"De todo rango de idade, desde xente nova de 30 anos a xente mais maior. Non hai que baixar a garda porque pensemos que a nós non nos vai a tocar porque calquera día podemos ser nós".

Estar nunha UCI implica estar sedado, intubado... con cambios de estado moi rápidos, os que logran saír de aquí precisan moita axuda física, pero tamen psicolóxica para poder volver ao que eran antes de infectarse.

"Quedan tocados porque ven que non poden volver a súa vida normal", di Mar do Campo, enfermeira da UCI.

Dende estas unidades onde se ven os efectos máis devastadores do virus, os sanitarios insisten en que cumpramos, que nos concienciemos, que todos somos diana para o virus e que podemos contaxiarnos en calquera lugar.

"Moita xente que non pon a máscara, despois chegas aquí, teño que pasar moitas horas co EPI posto, ves que cada vez ingresa xente máis nova. É moi desesperante ver que pasas aquí moitas horas e que a xente pasa totalmente de todo", asegura Mar Docampo.

135 galegos están a día de hoxe nalguna das unidade de coidados intensivos dos distintos hospitais da comunidade.

Noticias web

21/01/2021