Baixa a cota e continúa a neve en O Cebreiro
Publicado o 20/01/2019 14:45
A neve continúa en O Cebreiro. Timidamente, as folerpas van tinguindo de branco esta zona de A Montaña de Lugo. Os campos manteñen a capa de nevarada de onte.
As máquinas quitaneves traballaron durante toda a noite para manter limpas as estradas. A zona mantense en nivel amarelo, con temperaturas baixas e acumulacións de neve que poden chegar aos cinco centímetros. A cota descendeu ata os novecentos metros.
Os cativos son os que máis gozan coa neve.
Para moitos é unha oportunidade de coñecer a neve.
É a segunda xornada na que a neve calla no que vai de ano. Son invernos anómalos que, sen embargo, comezan a ser habituais.
Todo apunta a que a neve continuará aínda uns días máis nesta zona.