CRTVG

Buscar

Baiona, no nivel máximo de restricións por mor da covid

Publicado o 31/07/2021 15:15
Baiona, no nivel máximo de restricións por mor da covid

Baiona amence no nivel máximo de restricións. Faino nun momento no que despide os turistas de xullo, mentres dá a benvida os de agosto.

Os que chegan, fano coñecendo ben a situación deste concello. Con 127 casos activos, cinco menos ca onte, e cunha incidenca acumulada a catorce días superior os mil casos por cada 100.000 habitantes, saben o que toca.

No centro histórico, o traballo céntrase en adaptarse os novos límites de ocupación. Algo o que están acostumados pero con medidas extra de protección.

As novas restricións obrigaron a facer cancelacións de última hora, sobre todo en interiores.

Dende o concello fan unha chamada a prudencia.

O lecer nocturno tamén está afectado. Só pode atender a un 50% en terraza a ata a unha da madrugada. Nese horario, e ata as seis da mañá, están prohibidas as reunións entre non conviventes.

Noticias web

31/07/2021