CRTVG

Buscar

Baiona e Nigrán aumentan as restricións e manteñen abertos os bares

Publicado o 22/07/2021 16:17

Son as vilas de Baiona e Nigrán, onde preocupa a incidencia, que xa supera os cincocentos casos por cada cen mil habitantes. Aquí os bares e restaurantes seguen abertos, pero a xente ten que acreditar a documentación sanitaria para entrar aos establecementos se quere consumir no interior.

Malia estar en risco alto, estas zonas que durante o verán se enchen de turistas poden manter aberta a hostalería; iso si, con limitacións de capacidade ao cincuenta por cento en terraza e no interior.  

Para consumir no interior, os clientes terán que acreditarse cun certificado que demostre que están vacinados, que xa pasaron a enfermidade ou unha proba con resultado negativo das últimas 72 horas. 

Con resignación, os turistas que estes días visitan as vilas de Baiona e Nigrán adáptanse ás novas medidas durante as súas vacacións. 

Noticias web

22/07/2021