CRTVG

Buscar

Baiona acolle a gran cita da vela infantil entre medidas de prevención e o crecemento da incidencia

Publicado o 31/03/2021 16:17

Entre nervios e risas, os pequenos regatistas agardan a que o vento cambie para saír navegar.

Son o futuro da vela, 150 deportistas de entre 8 e 14 anos que compiten en Baiona cumprindo un estrito protocolo anticovid.

Entre nenos, pais e adestradores, a competición move unhas 400 persoas que enchen moitos hoteis da vila. Dan un respiro á economía deste concello turístico, en nivel alto de restricións esta Semana Santa.

Valoran que máis alá do retorno económico está o psicolóxico, a satisfacción de que Baiona sexa un referente dos deportes náuticos malia as circunstancias.

E mentres en terra combaten as ondas da covid, eles loitarán contra as do mar, se o vento quere, entre hoxe e o sábado, o día dunha final da que sairán os novos campións de España.

Noticias web

31/03/2021

Máis sobre Baiona