CRTVG

Buscar

Bágoas de Lucas Yáñez no recibimento da familia e dos amigos en Alvedro

Publicado o 11/10/2021 16:44

Regresou o campión do mundo júnior de patinaxe artística Lucas Yáñez. O oleirense e a súa adestradora Rosa García non puideron conter as bágoas ao saíren do aeroporto de Alvedro. Emocionáronse moito ao ver o recibimento que lles tiñan preparado os seus compañeiros do club Maxia de Oleiros. E non é para menos. Aos seus 17 anos acabados de facer, era o máis novo entre todos os participantes e gañou o ouro mundial. Ten todo o futuro por diante.

Noticias web

11/10/2021