CRTVG

Buscar

Bachelet veranse por separado con Maduro e Guaidó tras reuniurse con outras autoridades do país

Publicado o 21/06/2019 08:25
Bachelet veranse por separado con Maduro e Guaidó tras reuniurse con outras autoridades do país

Últimas horas da visita de tres días que a alta comisionada da ONU para os Dereitos Humanos, Michelle Bachelet, realiza a Venezuela. Bachelet verase hoxe por separado con Nicolás Maduro e con Juan Guaidó despois de reunirse onte con outras autoridades venezolanas. Tamén ten previsto recibir hoxe defensores dos dereitos humanos e familiares de vítimas de abusos. Guaidó convocou para hoxe unha nova protesta para facer visible na rúa o malestar co goberno de Maduro.

 

Noticias web

21/06/2019