CRTVG

Buscar

Azpilicueta: "É unha final, pero dependemos de nós mesmos"

Publicado o 21/06/2021 20:38

A selección queda sen marxe de erro. Os empates ante Suecia e Polonia obrigan a gañarlle a Eslovaquia para pasar á seguinte rolda, pero César Azpilicueta lembra que "o importante no fútbol é que dependas de ti mesmo, neste caso facémolo, xogamos na casa practicamente é case coma un partido de eliminatoria".

As actuacións da selección non acaban de ilusionar e ademais hai desencontros coa afección. Esta imaxe xerou polémica. Só 3 xogadores saudaron os seareiros á saída do hotel de Sevilla. Azpilicueta recoñece que "nós dende a nosa banda somos os primeiros que sabemos que temos que darlle á afección o que precisa que neste caso é no campo e fóra que neste caso é sentirnos xuntos"

Porque a selección non perde o optimismo. A Eurocopa non rematou: "Temos un partido que é unha final e a partir de aí hai que ir paso a paso porque non é como empeza senón como remata e eu vivino este ano na Champions", sinala o capitán do Chelsea

E a selección vai ter un reforzo no centro do campo. Volve o capitán, volve Busquets. "Botámolo de menos, todo o mundo tentamos suplilo pero Sergio é un xogador clave neste equipo e estamos moi contentos de que estea de volta", di Azpilicueta

España empeza a xogar finais no terceiro partido da Eurocopa

Noticias web

21/06/2021