CRTVG

Buscar

Ayuso, sobre o rei Xoán Carlos: "Non todos somos iguais ante a lei"

Publicado o 10/12/2020 17:19

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, defendeu este xoves a traxectoria do rei Xoán Carlos, a quen non considera "un cidadán máis", á vez que subliñou que ten dereito a regularizar a súa situación cando considere oportuno.

"O seu problema non é o rei Xoán Carlos, é Filipe VI e a monarquía parlamentaria que recolle a Constitución", expresou Ayuso no pleno da Asemblea de Madrid, onde cargou contra a esquerda por atacar o monarca e querer derrocar o consenso da Carta Magna "por unha república bananera".

O rei presentou unha declaración tributaria voluntaria coa que saldou unha débeda de 678.000 euros, como fan, explicou Ayuso, futbolistas, famosos ou políticos "de todo tipo" cando consideran "en tempo e forma". "A lei é para todos a mesma, pero non todos somos iguais ante a lei, porque o rei Xoán Carlos non é nin moitísimo menos como vostede", asegurou Ayuso, e engadiu que o monarca foi "un grande embaixador" e grazas a el "puidemos pasar dunha ditadura coa que non levaba especialmente ben".

 

Noticias web

10/12/2020