CRTVG

Buscar

Ayuso responde a Sánchez: "O PSOE é un refuxio de golpistas e batasunos, de 'okupas' e bolivarianos"

Publicado o 05/04/2021 15:31

Isabel Díaz Ayuso respóndelle a Pedro Sánchez, que onte a culpaba do descontrol, dixo o presidente, que se vive en Madrid. A popular cre que o socialista está obsesionado en batallar persoalmente contra ela e aféalle a deriva que, na súa opinión, tomou o PSOE.

Para a presidenta da Comunidade de Madrid: "Podemos e os seus círculos extremaron o PSOE ata deixalo irrecoñecible para os mesmos socialistas históricos. Agora é un PSOE refuxio de golpistas e batasunos, de okupas e bolivarianos".

Noticias web

05/04/2021