CRTVG

Buscar

Ayuso e Sánchez pechan un acordo para coordinar as medidas que paren a pandemia

Publicado o 21/09/2020 13:34
Ayuso e Sánchez pechan un acordo para coordinar as medidas que paren a pandemia

O xefe do Executivo, Pedro Sánchez, e a presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, reúnense desde este mediodía na sede da Comunidade de Madrid na Porta do Sol para coordinar as medidas para deter a pandemia. Unha reunión sobre a que o Goberno central xa avanzou que só quere axudar, non xulgar nin tutelar a Comunidade de Madrid.

Desde a Comunidade de Madrid xa adiantaron previamente que Ayuso vai pedir a Sánchez o apoio do Exército para cuestións sanitarias.

Tras o encontro, ambos presidentes comparecerán nunha conferencia de prensa conxunta na Real Casa de Correos a partir das 13:30 horas. Nesa conferencia de prensa vaise explicitar o acordo ao que chegaronn os dous presidentes.

Nun comunicado coxunto explican que "ambos os presidentes entenden imprescindible a actuación coordinada das administracións, reforzando os mecanismos de cogobernanza para ampliar así a capacidade de resposta. Este "espazo de cooperación" desenvólvese coa creación dun grupo covid-19 que se reunirá semanalmente, co obxectivo coordinar e planificar respostas contra a pandemia. As súas propostas servirán de recomendacións ás actuacións propias que seguirá executando o goberno da Comunidade Autónoma de Madrid no exercicio das súas competencias".

Estará composto por:

- Ministro de Sanidade.

- Ministra de Política Territorial e Función Pública.

- Conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid.

- Vicepresidente e portavoz do Goberno da Comunidade de Madrid.

Haberá dúas unidades de apoio, que se reunirán bisemanalmente e elevarán as súas propostas ao Grupo Covid-19.

A Unidade Territorial estará composta polo Conselleiro de Vivenda e Administración Local da Comunidad de Madrid, o alcalde de Madrid, a secretaria xeral de Coordinación Territorial e o Presidente da Federación Madrileña de Municipios.

A Unidade técnica compoñerana o Conselleiro de Xustiza e Interior da Comunidade de Madrid, o Conselleiro de Transportes da Comunidad de Madrid, o delegado do Goberno en Madrid, a secretaria xeral de Transportes do Goberno de España, un representante da UME, un representante da Policía Nacional, un representante da Garda Civil, o director do SUMMA-112 e o director do SAMUR.