CRTVG

Buscar

Axudas por valor de 20 millóns para incentivar o comercio de proximidade

Publicado o 26/02/2021 14:28

A Xunta de Galicia destina 20 millóns de euros para potenciar o pequeno comercio. Gran parte dos cartos empregaranse en bonos desconto para clientes que logo reembolsará administración autonómica. O obxectivo é favorecer as compras no comercio de proximidade, moi afectado polas restricións.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, asegura que é un plan orientado nomeadamente ao incentivo do consumo pero tamén á avanzar na dixitalización dos pequenos establecementos.

As asociación de comerciantes e a administración coinciden en que é imprescindible adaptarse aos novos modelos de consumo. José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio, ten claro que para continuar hai que subirse ao carro da informatización.

A proba está en que dende o inicio da pandemia, todos os negocios que traballan coas súas webs aumentaron as vendas. O pequeno comercio representa o 17 % do emprego en Galicia.

Noticias web

26/02/2021