CRTVG

Buscar

Axudáballe á exparella nun pub, pero o TSXG desestima o despedimento porque considera que non houbo relación laboral

Publicado o 27/04/2021 13:46

Mantiveron unha relación sentimental durante 10 anos. Un deles tiña un pub en Vigo e a parella botáballe unha man poñendo copas, música ou axudando no roupeiro. Nunca tivo contrato nin estivo dado de alta na Seguridade Social e cando hai dous anos romperon a relación demandou a exparella por despedimento improcedente. Pero o Xulgado do Social primeiro e agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaron o caso.

Malia que por lei non é necesario que haxa un contrato por escrito para que exista relación laboral, neste caso non se dan os 3 requisitos que si o determinan: retribución, dependencia e axenidade. O alto tribunal desestima o caso e remite ao demandante á via civil se quere reclamarlle á exparella o que considere que lle pertence tras a ruptura sentimental.

Noticias web

27/04/2021