CRTVG

Buscar

Axilízase o tránsito na raia tras unha xornada de grandes atascos

Publicado o 02/02/2021 17:02

O caos que este luns puxo a proba a paciencia dos condutores que querían cruzar a fronteira a Portugal por Tui cun atasco quilométrico deixa paso a esta imaxe con tráfico fluído e sen retencións no segundo día laborable coa raia pechada.

Agradéceno os que onte estiveron atrapados na retención e que hoxe circulaban sen dificultades.

Recupérase pouco a pouco a normalidade neste paso fronteirizo, pero é obrigatoria a parada no posto de control, onde hai que presentar a documentación precisa aos axentes para xustificar a viaxe, que principalmente son motivos laborais, visitar a parella ou regresar ao domicilio habitual.

Os concellos galegos da raia xa amosaron o seu desacordo co peche da fronteira portuguesa. Falan dun impacto negativo na vida cotiá dos cidadáns e na economía.

O da provincia de Pontevedra, pese a supor só o 5 por cento da lonxitude total da fronteira, concentra case a metade do tránsito entre os dous países.

Noticias web

02/02/2021