CRTVG

Buscar

Axentes federais estadounidenses desaloxan a embaixada de Venezuela en Washington ocupada por activistas pro Maduro

Publicado o 17/05/2019 08:50

A Policía Federal dos Estados Unidos entrou na embaixada venezolana en Washington para desaloxar os activistas pro Maduro que a ocupaban desde hai case mes e medio.
Os catro que aínda mantiñan a ocupación, todos eles de nacionalidade estadounidense, foron detidos polos axentes.
Tras a retirada dos axentes, o edificio quedou baixo control do equipo de Juan Guidó na capital estadounidense.
O presidente venezolano, Nicolás Maduro, rexeitou o que cualificou de asalto e ordenou reforzar a seguridade do edificio da que foi a embaixada estadounidense en Caracas.
"Imos protexela. aínda máis, porque Venezuela si cumpre cos convenios internacionais, co dereito internacional".

Noticias web

17/05/2019