Axentes caninos rastrexan diferentes tramos do Camiño de Santiago
Estamos en xullo e en pleno ano Xacobeo e a seguridade nas rúas de Compostela intensifícase. Entre as unidades especiais da Policía Nacional que se despregan pola cidade está a Unidade Especial de Guías Caninos. Axentes con habilidades que os humanos non temos.
Fans inspeccións periódicas nos diferentes tramos do Camiño, pero o aumento de visitantes polo Ano Xacobeo fai que intensifiquen o seu traballo de vixilancia na cidade. Django e Maya escoitan con atención as indicacións do seus policías guía Emilio e Cristian. Forman parte da Unidade Especial de Guías Caninos, especializados no rastrexo de explosivos.
Na Oficina do Peregrino buscan entre as mochilas e bolsas. Insisten en que o labor a unidade é de prevención, se detectasen algún rastro poríase en marcha outro operativo. A unidade está formada por 8 axentes. Os animais poden estar en activo ata 8 anos, despois xubílanse. Son os propios guías quen os adestran e entre cans e humanos acaban creándose vínculos que van máis alá do profesional.