CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Axenda cultural do 'Zigzag'

Publicado o 16/05/2018 17:22

Auditorio Afundación daCoruña, 20:00 h.
Concerto de Anxo Vigo

O cantante Anxo Vigo ofrece hoxe ás oito do serán no auditorio de Afundación da Coruña un concerto benéfico a favor da Cociña Económica. Unha ocasión en que tamén presenta o seu primeiro disco en galego, que titulou 'A ledicia de ser galego', con letras que reivindica a música no noso idioma en calquera estilo.

Teatro Rosalía Castro, A Coruña, 20:30 h.
Concerto de Marisa Valle Roso

'Consciente' é o novo disco da cantante asturiana Marisa Valle Roso, un trabllo composto por trece temas entre os que hai versións de cancións de Chavela Vargas, Mercedes Sosa e Violeta Parra. Ademáis conta coas colaboracións de Victor Manuel, Rozalén e Pandereteres de Fitoria. Presentao hoxe no Teatro Rosalía de Castro as oito e media do serán.

Auditorio Abanca de Santiago, 20:30 h.
Espectáculo de Edu Soto

'Más vale solo que ciento volando' é o novo espectáculo do cómico Edu Soto que agora chega en xira por Galicia. Presentarao este serán no Auditorio Abanca de Santiago. El mesmo o define como unha tolería improvisada na que baila, canta e hipnotiza o público.

Zigzag Diario

16/05/2018