Aviso laranxa por vento en toda a comarca da Mariña
O vento dificulta o voo das gaivotas ao tempo que alborota as ondas na costa de Foz. Son os primeiros efectos de Karim, que trae o aviso laranxa por vento a toda a comarca da Mariña.
"Unha borrasca, chámanlle Karim, pero vén vento do sur e aquí en Foz non é tan malo como o de noroeste".
Agárdanse refachos superiores aos 100 quilómetros por hora, niveis que xa se superaron en puntos como Viveiro e Burela e o peor do temporal de vento chegará contra a tarde.
"Por aquel lado sopra moito máis, porque é de sur, pero vaia, aguántase". "De momento, non hai queixa, aquí estamos amparados por eses edificios que vén do sur pero vento vai".
Desta volta, o peor é o vento pero sopra do sur, non afecta ao mar e deixa temperaturas agradables.
"Non é tan malo porque se te fixas o mar está coma un prato e o aire é quente. Eu pola mañá saín dar un paseo na bici e a verdade é que suabas".
Karim tamén deixará choiva na Mariña, pero non será tan significativa coma noutros puntos de Galicia.