CRTVG

Buscar

Aviso laranxa no litoral de Galicia, onde os refachos xa superaron os 100 km/h

Publicado o 19/01/2021 19:58

A costa da Coruña recibe fortes ventos na tarde deste martes que superaron os 122 quilómetros por hora, polo que se atopa en alerta laranxa por temporal costeiro, informa Meteogalicia. Punta Langosteira, en Arteixo, rexistrou os refachos máis virulentos con 122.1 km/ h; seguida de Vimianzo, con 109.4 km/ h e Viveiro (Lugo), con 108.0 km/ h.

En canto ao mar, as ondas pasaron os catro metros, segundo Portos do Estado. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta mantén esta tarde o aviso laranxa por vento nas provincias da Coruña e Pontevedra, así como na Mariña de Lugo.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno adverso de nivel laranxa por ventos do sur e suroeste con refachos de ata 100 quilómetros por hora que afectará a partir das últimas horas desta tarde A Mariña lucense ampliarase ao oeste e suroeste da Coruña. Mañá, a partir de primeira hora espéranse ventos do suroeste forza 8 no noroeste da Coruña.

Noticias web

19/01/2021